Calendario Simple é unha app de calendario gratuíta, planificador de horarios e axenda para o traballo, a familia, os estudos e todo o demais. Planifica o teu día, configura recordatorios e organiza as túas tarefas nun horario claro e sinxelo — con ou sen conta de Google.
■ Planificar é ben doado
Cun toque ábrese o planificador: escolle a hora, engade unha cita ou tarefa, escribe unha nota e pon un recordatorio para que nada se che escape. Os bloques de tempo por cores déixanche ver dunha ollada cando traballar, estudar, facer deporte e pasar tempo cos teus.
■ Vista mensual, semanal e diaria
Planifica un día, unha semana ou meses por diante. Cambia entre o calendario mensual para ver o conxunto, o planificador semanal con vistas de 7, 5 ou 3 días, e a axenda diaria para planificar hora a hora.
■ Sincronízase con Google Calendar — ou funciona sen el
Usa o calendario el só, sen ningunha conta — ou sincronízao con Google Calendar para ter todos os teus dispositivos ao día. Tamén podes conectar calendarios de Outlook, iCloud, Exchange e Office365: todos os teus horarios nunha soa app.
■ Copia de seguridade e cambio de dispositivo
Os eventos sincronizados con Google Calendar aparecen no teu novo teléfono só con iniciar sesión. Os calendarios que só existen na app pódense gardar coa copia de seguridade integrada e restaurar ao cambiar de dispositivo.
■ Calendario compartido para familia, amigos e equipo
Comparte o calendario de traballo cos compañeiros para sincronizar tarefas, compárteo coa familia para que saiban cando estás ocupado, ou planifica ceas e adestramentos coa túa parella. Cun horario compartido todos van á unha — ata saberás exactamente cando recoller os nenos do colexio.
■ Non perdas nada cos recordatorios
Pon unha alarma ou un recordatorio de cita para calquera evento. De reunións de traballo a aniversarios, a túa axenda diche o que vén — para chegar sempre a tempo.
■ Funcións intelixentes para telo todo en orde
✓ Widget de calendario — de tamaño axustable, coa axenda de hoxe na pantalla de inicio
✓ Cores por categoría — organiza os bloques de tempo dunha ollada
✓ Notas, URL e mapas — engade detalles a calquera evento
✓ 50 cores de tema e 10 tamaños de letra — dálle o teu estilo ao planificador
✓ Fondo de pantalla personalizado — pon a túa foto favorita de fondo
✓ Cores de fondo para as datas — destaca días de paga e exames
✓ Cor do texto dos eventos — branco, negro ou de cor
✓ Bloqueo con código — mantén o teu horario en privado
✓ Funciona con Google Calendar e outras apps de xestión do tempo
✓ Quitar anuncios — subscrición Premium opcional
■ Un só planificador para todo
✓ Horario de traballo — reunións, proxectos e citas de negocios
✓ Planificador de estudo — clases, deberes e datas de exames
✓ Organizador familiar — eventos escolares, tarefas da casa e tempo en familia
✓ Calendario de citas — visitas ao médico e recados persoais
✓ Calendario de festivos — aniversarios, viaxes e datas importantes
■ Sinxelo, rápido e gratuíto
Un planificador de horarios gratuíto cun deseño limpo e intuitivo que calquera pode usar. Tanto se levas un plan diario coma se levas un horario semanal ou un calendario mensual, terás unha visión clara do teu tempo — en calquera parte, mesmo fóra da casa.
■ De balde con opción Premium
Calendario Simple pódese descargar e usar de balde, con anuncios na app. A subscrición Premium elimina os anuncios e dá acceso a todas as cores de tema, cambios ilimitados de fondo de pantalla e da cor de fondo das datas, e asistencia prioritaria.
Máis de 21 millóns de descargas en todo o mundo e unha valoración dos usuarios de 4,6 (agosto de 2026).
■ Descarga Calendario Simple hoxe
Organiza a túa vida en segundos cun calendario fácil e un planificador diario. Anota os teus eventos, lembra cada cita e aproveita o día ao máximo — descárgao agora e pon todo en orde!
A túa axenda dunha ollada. Engade citas facilmente e consúltaas no widget.
Última actualización
1 de out. de 2026